Cada día celebro internamente que non nos pase nada: á miña familia e á xente que me rodea, celebro os días coma oportunidades para seguir instintivamente o meu camiño.
Déixome levar pola miña intuición, por moi boas amizades, polas sabias palabras/verbas da miña familia (que tamén é vosa).
De pequeniña ensináronme a compartir, eu penso que, a diferencia entre a esquerda e a dereita, falo de política é que a esquerda é máis humanitaria e que ten a mensaxe de "compartir" i que a dereita é máis egoísta pero... sincera e realmente... creo... que... a dereita é máis realista no sentido que o ser humano, coma ser vivo, é egoísta de por sí i que si te pasas tódala vida ou tódolos días traballando a reo non é moi xusto determinados aspectos/dereitos/cousas que nos van pasando a nivel legal (hai centos de exemplos).
Sempre me gustou a idea de compartir as miñas cousas o a miña felicidade co resto. Tanto aos meus irmáns coma a min sempre nos educaron para compartir os xogos, a roupa ou a comida (por dicir algúns pequechos exemplos)
Hoxe é día 16 de Setembro: un día máis ou un día menos... según se mire.
Quero celebrar que hoxe é día 16, que atópome moi moi feliz: feliz co que vou facendo e moi feliz conmigo mesma e co que vou atopando e facendo e... quero compartir este momento tan maravilloso e tan creativo cós que me coñecedes ou que me coñeceredes algún día porque...
..."compartir é vivir".
Un bico moi forte a todos e todas.
