viernes, 16 de septiembre de 2011

A vida en sí misma: a ansiada felicidad

ás veces os días pasan lentos

outras veces pasan sen apenas darnos conta

os días

as noites

os segundos

os momentos

pasan, esfúmanse

e, ás veces, pasan de nós

sen darnos moita conta nós mesmos

do que é disfrutar do momento.

a vida é o mellor triunfo que hai

o feito de... vivila

traballando ou descansando.

falando ou calando

vida soamente hai unha

e... o... ceo está na propia terra

ou pode ser o inferno dentro de ela

i temos que vivila

(ou sufrila e aguantala)

pero o mellor é ila vivindo

cada día

a cada instante

con tranquilidade

non por correr máis chegamos antes

tran-qui-li-da-de,

con humildade

e sinceridade

rodeadas de enerxía positiva

e ila vivindo

porque a felicidade,

a famosa e ansiosa felicidade consiste

en "estar onde queres estar"

que non é máis que o "carpe diem"

i

é o feito de

"estar 100% en cada momento

e...

sendo nós mesmos seremos infinitamente felices"

ademáis...

ti e mais eu coñecemos á Felicidad

i nos levanta cando estamos baixas

i nos rimos con ela

i eu berro ás veces

pero é a nosa felicidade

é a miña "nena" de 87 aniños.

bicos!!!

No hay comentarios: